luns, 19 de decembro de 2016

Néboa

Néboa 

Hai días nos que a néboa parece ter ciúmes do fume das chimeneas e, de vagar, asolaga todo o que se ve dende os cristales da fiestra.


Traendo consigo a súa propia beleza efímera.

mércores, 2 de novembro de 2016

Outono



Amanita Muscaria 

Villamane muda as súas cores e tórnase ocre.
Os días menguan e as follas caen.
E, polos soutos, aparecen novas habitantes que, se ben non se comen, adornan e fan bonito.

Non todo van ser castañas no outono.